Espero que haxa alguén
que coide de min
cando morra, cando me vaia.

Espero que haxa alguén
que libere o meu corazón,
que lle guste sostelo cando estea canso.

Hai un fantasma no horizonte.
Cando vaia para a cama
¿como poderei durmir ao chegar a noite?
¿cómo descansará a miña cabeza?

Estou espantado do lugar que hai
xusto entre a luz e ningunha parte.
Non quero ser o elixido,
alí abandonado, alí abandonado.


Hai un home no horizonte
que desexa que me deite,
se sucumbo aos seus pés esta noite
permitirá que descanse a miña cabeza.
Así que hai unha esperanza de que non me asfixie
ou de que quede paralizado pola luz.
É como un regalo caído do ceo. Non quero irme
ao final do horizonte.

Espero que haxa alguén
que coide de min
cando eu morra, cando me vaia.

Espero que haxa alguén
que libere o meu corazón
e me abrace cando estea canso.