Cando na praiatodos os placeres do verán,
coas súas alegrías,
viñan a min, de tódalas partes,
o amor ofrecía a eternidade,
a esa imaxe de praia soleada.
É unha lástima,
pero os amores de verán,
con demasiada frecuencia,
temen ao vento en liberdade.
O meu corazón
buscando a verdade
naufraga na praia deserta.A praia e o océano,
todo está aínda no mesmo lugar,
sen embargo, perdo o rastro
de todos os nosos xogos.
Un pouco coma o tempo,
a ola borra
a pegada dos fermosos días
do noso amor.
Pero na praia o sol regresa,
pasa o tempo.O corazón contento
recupera os seus dereitos.
No horizonte só para min,
mellor que un espellismo,
unha praia reencontrada,
mellor que un espellismo.
É a praia soleada.


