PLAY. Ningú com tu. Lidia Guevara

Xa fai meses que o intento,
pero só creceu máis o que sinto.
Sei que non volverás e aínda te espero.
Probo mil maneiras de esquecer,
busco polas rúas da cidade,
busco entre as pedras e non atopo máis...
e non atopo máis que caras que tropezan co teu recordo.
Eu non máis pido un home que me queira,
pero sen protestar.
E que teña o teu sorriso.
E tamén a túa boca e o teu nariz.
E que cada día estea ao meu lado.
Non sei que podo facer, non sei ...
por moito que me digan sei que nunca te esquecerei.
Non hai ninguén coma ti,
Ninguén que decida romperme a vida
e se leve o meu sorriso.
Non hai ninguén coma ti.
Quedo soa e cansada
de non deixar de esperar unha chamada
o sentimento que gardo nunca se acaba.
Quizais será mellor buscar compañía
alguén que queira arranxarme a vida,
pero substituírte sei que non é a saída.