Este aire que me obsesiona día e noite.
Este aire non naceu hoxe.Ven de tan lonxe como veño eu,
arrastrado por centos de miles de músicos.
Un día este aire volverame tola,
cen veces quixen dicir por que,
pero cortoume a palabra,
sempre fala antes de min
Padam, padam, padam,
chega correndo tras de min.
Padam, padam, padam,
engáname para que me acorde de ti.
Padam, padam, padam,
é un aire que me sinala co dedo
e que eu arrastro tras de min coma un estraño erro.
Este aire que sabe todo de memoria.
Di: "Acórdate dos teus amores.
Acórdate porque é a túa quenda.
Non hai razón para que non chores
cos teus recordos sobre os brazos".
E repaso aos que se quedan.
Os meus vinte anos fan tocar o tambor.
Vexo golpearse os xestos.
Toda a comedia de amores
Padam, padam, padam,
os "ámote do 14 de xullo.
Padam, padam, padam,
os "sempre" que se compran con desconto.
Padam, padam, padam,
os "queres ti", aquí están por paquetes.
E todo isto para caer, xusto na esquina da rúa
sobre o aire que me recoñeceu.

Escoitei o barullo que fai para min,
coma se todo o meu pasado desfilara.
Hai que gardar a pena para despois,
teño todo un solfexo para este aire que golpea
e que late coma un corazón de madeira.